O coche de Luis: Suzuki Samurai 1.3


Suzuki samurai 1.3 carburación 1990
Este suzuki samurai foi comprado en Barcelona no ano 2000, para ter de segundo coche e utilizalo para excursions etc.
En principio foi preparado como coche de recreo, desmontámolo todo e cambiamos a cor azul metalizado por un amarelo vivo, a min tocoume a tarefa de desmontar e montar para abaratar o proceso, xentileza do chapas de Celanova que me fixo un traballo económico e concienzudo.
Puxenlle unhos neumaticos algo mais grandes, pero daquela ainda non era habitual encontrar neumaticos de tacos en calquer tienda e puxen unhos mixtos. Asi tiña un bonito coche descapotable para o veran pero ainda descoñecía o que se podía facer con el, ata que un bo día, acercouseme Camilo (TJ GR) que daquela tiña un bonito vitara 16v e charlando con el invitoume a sair coa sua pandilla, asi comprei os primeiros neumaticos de tacos e empezei a sair o monte mais que de excursión, o coche empezou a deixar ver os defectos que tiña, sobretodo un kit de suspensión por muelles con multitud de defectos e problemas que pouco a pouco iria mellorando ata hoxe.
O actual suzuki, bautizado “Tamagochi” por Jóse o do Galloper, actualmente conta ca seguinte preparación:
Defensa dianteira e traseira de aceiro ancladas o chasis, a dianteira fai de soporte para o cabrestante e son feitas na casa, con chapa de 3, 4, 5 e 7 mm dependendo das partes, soportes etc.

Taloneras artesanais de chapa de 2,5mm
Cubredeposito artesanal de chapa de 3mm
Cubretransfer feito en chapa de 2,5, ainda que o ideal houvera sido facelo en chapa de 3 ou 3,5, tampouco pasarse, que despois pesa o coche coma un tanque.

Snorkel feito con tubo de pvc.
Arco de seguridad interior de catro puntos, tapizado a xogo coa tapicería.
Extructura tubular exterior de 6 puntos de anclaxe, mais que nada para salvar un pequeño vuelco na parte dianteira, donde e mais eficaz. Estas barras son totalmente desmontables e foron feitas na casa.
Cabrestante Ramsey 5000 con cable sintético, mado inalambrico (chino) e polea de reenvio caseira.
Batería de 75 Ah.
Faros de largo alcance e bombillas alóxenas nos orixinais (xentileza dun amigo)
Barra de 4 faros Hella FF100 desmontable (solo para rutas nocturnas, ou en adiante, as que prometen durar mais do previsto...)
Llantas de aluminio/magnesio de 7,5 x 15 con separadores de 30mm e neumaticos bfgoodrich MT 30x9,5
Bloqueo diferencial traserio e compresor ARB con toma rápida de aire para inchar as rodas.

Superreductora 4,16:1, feita con piñons de outras caixas reductoras e un traballo de tornero para unir dous piñons, con unha extructuura de aceiro que rodea a carcasa unindo ós soportes para aguantar mellor as fortes torsions a que se ve sometida a carcasa de aluminio. Soportes e silentblocks reforzados, tamen conservo outras duas reductoras de distintos desarrollos, todas revisadas de retens e rodamientos listas para poder intercambiar.
Eliminouse o fallido freno de man dos tambores traseiros e montei un tambor a saida da reductora como levaba o santana e o patrol, moi efectivo. Os tambores orixinais xiraronse para que o bombin e sobretodo o seu manguito quedara pola parte de arriba do eixe, moito menos exposto, xa que por abaixo cheguei a arrancalo contra algún cañoto e cando entra augua e barro no tambor, e mais difícil que chegue a os bombins, así tiven que cambiar os bombís, co purgador por arriba.
Nos frenos dianteiros, instalei latiguillos mais longos para que permitan a nova extensión e altura (son ideales os de Land Rover, e coinciden os dous terminais)
Dirección asistida de Jimny e vitara, compliqueime un pouco para meter o soporte moi reformado de vitara, ca bomba orixinal de vitara (xentileza de un amigo) así teño o soporte para montar o compresor de aire acondicionado.

Volante de coiro de cor amarelo e negro, tamen tapizei todo o coche de amarelo e negro (esto foi ó principio), despois cambiei os asientos por outros mais eficaces.
Motor 1600 8v de vitara, bomba de gasolina eléctrica.
Colectores Calmini 4.2.1. de aceiro con tratamento cerámico
Linea completa de escape artesanal, feita con tubo inox de 5cm de diametro, con silenciosos sen tabique, conducto continuo con fibra arredor.
Kit de suspensión por muelles, reconstruido, solo se manteñen unha vez modificados os tirantes e as barras panhard. Os tirantes modificaronse para aloxar uns silentblocks mais grandes e asi conseguir mais cruce de puentes e os anclaxes do eixe son feitos e soldados o eixe. Está pendiente rehubicar os tirantes traseiros co que creo mellorará bastante e rompera menos silentblocks.
Os muelles foron sustituidos por uns de BMW 525.
Amortiguadores de orixen de Jeep wrangler.
Os soportes dos amortiguadores dianteiros foron feitos e rehubicados para repartir o percorrido do amortiguador en extension e compresión adecuadamente (parecia que funcionaba ben pero na primeira proba da ecotrack rompeu todo). Atrás solo se cambiou o soporte inferior.
Asientos tipo baquet reclinables e abatibles.
Teito de lona e os seus accesorios para o bo tempo.
Matrícula no porton traseiro ca sua correspondiente iluminación (sempre volvía sin ela)
Tamen os tipicos trevellos no interior…
Emisora, inclinometro, altimetro, antena de barco para o GPS, GPS Garmin 276c, soporte para videocamara no arco central, flexo para ler mapas. Tamen, un ordenador que se manexa dende unha pantalla tactil de 8” instalada no salpicadeiro Compe GPS, Via Michelin, mapas topograficos 1:25000, 1:50000 e ortofotos 0,5mp e 2 mp (ahora non o levo por participar na Ecotrack)
Soporte para unha pala no interior. A pala de aluminio ou aceiro, dependendo da ruta.
Extintor, botiquín, ferramenta e recambios.